Boiro necesita un cambio, ven facer con nós un Boiro novo.

Acaba de nacer un novo partido, Unión Popular de Boiro, promovido por un grupo de mulleres e homes que xa non atopan outro lugar para participar na vida pública de Boiro.
Boiro, o mais importante para nos, xa non é aquela vila de fai corenta anos que se gobernaba dende unha oficina e catro gardas municipais.
Hoxe Boiro e case unha cidade, de goberno complexo, e que require dá participación democrática de todos para resolver os seus problemas, agravados pola situación económica na que nos atopamos.
Non pretendemos menoscabar a ninguen, pero os grandes partidos non son capaces de dar saida a unha crise social e institucional moi seria, moi especifica de Boiro, que afecta a o fondo mesmo dos problemas dá cidadanía, o benestar, a democracia e mesmo as liberdades públicas.
Nos só buscamos un Boiro do seculo XXI, moderno, axil, que sen esquencer o pasado mire cara a o futuro con compromiso e ilusión, con unión e libertade.
Ti tamen estas invitado, porque Boiro necesita un cambio, ven facer con nós un Boiro novo.